Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 25 de setembro de 1998 Páx. 10.692

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1998 pola que se convocan tres postos vacantes do cadro de persoal funcionario de administración e servicios desta universidade polo sistema de libre designación.

Vacantes na Universidade de Santiago de Compostela os postos de traballo que se indican no anexo a esta resolución e sendo necesaria a súa provisión con carácter urxente.

Este rectorado, en uso das atribucións que ten conferidas e de conformidade co previsto no artigo 6 da Lei 3/1995, de modificación da Lei 4/1988, da función pública de Galicia, resolve convocar a libre designación os anteditos postos, con suxeición ás seguintes bases da convocatoria:

Primeira.-Requisitos dos candidatos.

Poderán concursa-los funcionarios que pertenzan ós grupos de titulación esixidos para cada posto convocado.

Segunda.-Solicitudes.

2.1. As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, sendo o prazo de presentación de 15 días hábiles a partir do día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

2.2. A presentación de solicitudes poderá facerse no rexistro xeral da Universidade de Santiago de Compostela, no Rexistro do Campus de Lugo, ou na forma prevista no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2.3. Os erros de feito poderán emendarse en calquera momento de oficio ou por petición do interesado.

Terceira.-Méritos.

Os aspirantes deberán xuntar á petición un currículum vitae, e xustificar debidamente os méritos que aleguen.

Cuarta.-Adxudicación de postos.

No caso de resultar seleccionado para ocupa-los postos de traballo relacionados no anexo algún funcionario con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento ó que figure adscrito.

Quinta.-Norma derradeira.

A presente convocatoria e as súas bases, así como cantos actos administrativos se deriven desta, poderán ser obxecto de recurso polos interesados, de conformidade co establecido na vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 1998.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

*1 posto de Secretaría do vicerrector de Investigación e do Terceiro Ciclo.

Nivel: 18.

Grupo: C/D.

Complemento específico: 524.508 pesetas.

*1 posto de Secretaría do vicerrector de Relacións Exteriores.

Nivel: 18.

Grupo: C/D.

Complemento específico: 524.508 pesetas.

*1 posto de Secretaría do vicerrector de Estudiantes.

Nivel: 18.

Grupo: C/D.

Complemento específico: 524.508 pesetas.

8322