Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 24 de setembro de 1998 Páx. 10.664

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS

ANUNCIO de licitación.

Por resolución da Alcaldía-presidencia con data do 11 de agosto de 1998, aprobouse o expediente de contratación, mediante procedemento aberto por poxa en tramitación urxente, da obra de acondicionamento do camiño de acceso de Caballeda a Pusmazán, incluído no FCL-98. Programa PIEL, anunciando a convocatoria de poxa.

1. Obxecto.

Execución da obra de acondicionamento do camiño de acceso de Carballeda de Valdeorras a Pusmazán, de conformidade co proxecto técnico aprobado no seu día polo Pleno do Concello.

2. Orzamento.

Tipo de licitación: 9.228.285 ptas.

3. Forma de adxudicación.

Procedemento aberto por poxa.

Tramitación:urxente.

4. Prazo execución.

4 meses.

5. Garantías.

Provisional: 184.566 ptas.

Definitiva: 369.131 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

O expediente de contratación e prego de condicións particulares expóñense ó público durante catro días desde a súa publicación no BOP os interesados poden obte-la información que consideren oportuna na Secretaría do Concello de Carballeda de Valdeorras (Sobradelo) Teléfono: 988 33 50 02; fax: 98833 53 1979.

7. Requisitos do contratista.

Persoa física ou xurídica.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría B.

8. Prazo de presentación de proposicións.

As proposicións, segundo o modelo que figura no prego de condicións, presentaranse no rexistro xeral

do concello ata as 14 horas do décimo terceiro día (13º) natural seguinte ó da última publicación do anuncio no BOP e no DOG (data da última publicación), xuntando a documentación que se especifica no prego de condicións.

9. Apertura de plicas e proposta de adxudicación

Terá lugar en acto público no salón de sesións do concello ás 12 horas do día seguinte hábil (agás sábado) a aquel no que remate o prazo de presentación das ofertas, formulándose a oportuna proposta de adxudicación.

Carballeda de Valdeorras, 12 de agosto de 1998

Mª Carmen González Quintela

Alcaldesa-presidenta.

8653