Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 23 de setembro de 1998 Páx. 10.615

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 1998, da Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso plurianual para a adquisición de placas radiolóxicas e arrendamento de equipamento de radioloxía. (Expediente 27/1998).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e para cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro, s/n, 15405 Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións, Unidade de Contratación. Teléfono 981 33 40 27. Fax 981 33 40 84.

c) Número de expediente: CP 27/1998.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de placas radiolóxicas e arrendamento de equipamento de radioloxía.

c) Lotes: nun único lote, que incluirá:

A adquisición das placas e material que figura no anexo de estructura da subministración.

O arrendamento de: dous equipos luz/día de gran capacidade; un equipo láser (modelo química seca); rede local de tratamento de imaxes con capacidade para conectar múltiples equipos; 100 chasis para película xeral, mamografía e ecografía de tamaños habituais, que escollerá o hospital.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOCCEE nº 110, do 10 de xuño de 1998. BOE nº 139, do 11 de xuño de 1998. DOG nº 114, do 16 de xuño de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

84.121.230 pesetas.

5. Adxudicación.

a) Data: 14 de agosto de 1998.

b) Contratistas: Sterling Diagnostic Imaging Ibérica, S.L.

Nacionalidade: española.

Importe: 83.623.454 pesetas.

c) Importe total adxudicado: 83.623.454 pesetas.

Ferrol, 21 de agosto de 1998.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos

de Ferrol

8595