Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 23 de setembro de 1998 Páx. 10.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO LÁCTEO E GANDEIRO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 1998 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso, con procedemento aberto, para a subministración de vehículos para este instituto.

1. Entidade adxudicadora:

-Organismo: Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (ILGG).

-Dependencia tramitadora: Secretaría do ILGG.

-Número de expediente: C. subministración 1/1998.

2. Obxecto do contrato:

-Descrición: adquisición de vehículos.

-Número de unidades: 4.

-Lotes: dous lotes, un de 1 vehículo e outro de 3 vehículos.

-Lugar de entrega: nos servicios centrais do ILGG, sitos na rúa dos Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela.

-Prazo de entrega: 15 días naturais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

-Tramitación: ordinaria.

-Procedemento: aberto.

-Forma: por concurso.

4. Orzamento base de licitación:

-Importe total: 6.957.000 pesetas, IVE incluído.

5. Garantías:

-Provisional: 139.140 pesetas.

-Definitiva: 278.280 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

-Entidade: ILGG.

-Domicilio: rúa dos Irmandiños, s/n.

-Código postal e localidade: 15704, Santiago de Compostela.

-Teléfono: 981 54 62 72.

-Fax: 981 54 61 91.

-Data límite de obtención de documentos e información: o día en que remate o prazo para a presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas:

-Data límite: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

-Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe na contratación.

-Lugar de presentación: no rexistro do ILGG, sito na rúa dos Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela (C.P. 15704). Tamén poden achegarse as proposicións por correo, do xeito previsto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

-Modelo de presentación: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

-Prazo obrigatorio para mante-la oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

-Variantes: non se admiten.

8. Apertura das ofertas:

-Entidade: ILGG. O acto público celebrarase na sala de xuntas do dito organismo.

-Domicilio: rúa dos Irmandiños, s/n, Santiago de Compostela.

-Data: o décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, sempre que non sexa sábado ou festivo pois, neste caso, será o seguinte día hábil.

Hora: ás 13 horas.

9. Documentación de interese para os licitadores:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse no rexistro do ILGG (rúa dos Irmandiños, s/n, Santiago de Compostela).

10. Gastos do anuncio:

Os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 1998.

Antonio Crespo Iglesias

Director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia

8201