Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 22 de setembro de 1998 Páx. 10.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación do servicio de conservación e reposición de zonas verdes do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Vigo.

Dependencia: Parques e Xardíns, Patrimonio e Contratación.

Nº expediente: 11380/240.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: servicio de conservación e reposición de zonas verdes do concello de Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo do contrato: 4 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 327.148.843 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 6.542.977 ptas.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención da documentación e información.

Rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo III (servicios), subgrupo 5 (conservación de xardíns e parques), categoría d.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira en calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas.

Data límite: 15-10-1998.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas.

Entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n 36202 Vigo.

Data e hora: 10 horas do día 20-10-1998.

10. Outras informacións.

O modelo de proposición axustarase ó recollido na cláusula 10 do prego de condicións.

11. Gastos anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 19 de agosto de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde