Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 22 de setembro de 1998 Páx. 10.579

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia o concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a realización de obras de acondicionamento dun colexio de xordos, remodelación interior para a implantación de centros de formación ocupacional e construcción dunha nave para os seus talleres, en Montepedroso-Santiago de Compostela.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 37/98.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación de obras de acondicionamento dun colexio de xordos, remodelación interior para a implantación de centros de formación ocupacional e construcción dunha nave para os seus talleres.

b) Lugar de execución: Montepedroso-Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 277.052.466 ptas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: si. Importe: 11.082.099 ptas. (once millóns oitenta e dúas mil noventa e nove pesetas).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Copy Estudio.

b) Domicilio: rúa Nova de Abaixo, 19 (teléfono: 59 33 85).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.

d) Teléfono de información: 981 54 46 80 - 54 46 52.

e) Telefax: 54 56 26.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C; subgrupo: todos; categoría: F.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación hai que presentar: a que figura na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres

o CIF do licitador. No caso de estaren inscritos no Rexistro de Contratistas, xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2. Domicilio: San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15771 (ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 9.30 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 1998.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

8096