Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 21 de setembro de 1998 Páx. 10.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 1998, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso público, da adquisición de 315.000 litros de gasóleo C para este hospital.

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado i) do artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) convoca expediente de contratación, polo procedemento aber

to , mediante concurso público, da adquisición de gasóleo C para o Hospital Comarcal Valdeorras.

Obxecto e orzamento:

A adquisición de 315.000 litros de gasóleo C para o Hospital Comarcal Valdeorras por un orzamento máximo de 14.500.000 ptas. IVE incluído.

Prazo de entrega:

O material obxecto do presente concurso público deberá ser entregado segundo as necesidades comunicación polo Hospital Comarcal Valdeorras, a partir da comunicación da adxudicación.

Documentos de interese para os licitadores:

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poderá ser solicitada no Servicio de Subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras, rúa Conde Fenosa nº 50, do Barco de Valdeorras (Código postal 32300) Teléfono: 988 33 90 05.

Fianzas:

Deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de duascentas noventa mil ptas (290.0000 ptas), e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As ditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (en diante, LCAP).

Solvencia económica e financeira:

Acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego.

Solvencia técnica:

Acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo II do prego.

Clasificación:

Non se precisa.

Criterios de adxudicación:

Prezo: ata 70 puntos.

Características técnicas: ata 20 puntos.

Melloras: ata 10 puntos.

Admisión de variantes:

Non se admitirá a presentación de variantes.

Presentación de proposicións:

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e lacrados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Servicio de Subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. Tamén se poderán presentar por correo, dirixidas ó órgano de contratación, debendo xustifica-lo licitador a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telex o telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións:

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público no sala de xuntas do Hospital Comarcal Valdeorras, ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores:

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios:

Os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

O Barco de Valdeorras, 31 de agosto de 1998.

Ramón Ares Rico

Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras

do Barco de Valdeorras

8515