Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 21 de setembro de 1998 Páx. 10.517

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/64-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Enderezo social: Marqués de Valladares 23,2º oficina 2, 36201 Vigo.

Denominación: reforma L.M.T. salceda-Igrexa,tramo As Pontes-Igrexa.

Situación: Salceda de Caselas.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV, de 878 metros de lonxitude, con conductor tipo LA-30, sobre apoios de formigón, desde o C.T. Salceda-As Pontes, ata o C.T. Salceda-Igrexa, concello de Salceda de Caselas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 13 de xullo de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

7385