Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacante na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura pola Orde do 7 de agosto de 1998 (DOG nº 163, do 24 de agosto de 1998), esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna,
RESOLVE:
Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se expresa no anexo da presente orde.
Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Se na data na que debe cesar no seu destino, o funcionario desfruta dun período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.
A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido nos artigos 14 e 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG nº 58, do 25 de marzo).
Terceiro.-A xefatura de persoal do centro no que cause baixa o funcionario, así como a daquel no que obteña praza, efectuarán, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, respectivamente; acto seguido realizaranse os trámites necesarios para a súa alta na nómina.
Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicarlle a esta consellería a vontade de interpoñelo, segundo o prevido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 1998.
Amancio Landín Jaráiz
Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura
ANEXO
Apelidos e nome: Vez Rodríguez, Mª del Carmen.
Número de rexistro persoal: 3262665224 A1146.
Grupo: D.
Posto de traballo: secretaría.
Código do posto: PE.C99.10.000.15001.001.
Nivel: 16.
Dependencia: delegación territorial.
Localidade: A Coruña.
Apelidos e nome: Rodríguez Amaya, Mª Dolores.
Número de rexistro de persoal: 191782502 A2060.
Grupo: A.
Posto de traballo: secretaría da delegación.
Código de posto: PE.C99.10.000.36560.024.
Nivel: 28.
Dependencia: delegación territorial.
Localidade: Vigo.
8413