Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 21 de setembro de 1998 Páx. 10.508

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de setembro de 1998 pola que se lle autoriza o cambio de domicilio por traslado de instalacións ó centro privado Cruz Roja Española da Coruña, e se lle autoriza definitivamente a implantación do ciclo formativo de grao medio Coidados auxiliares de enfermería e os ciclos formativos de grao superior Imaxe para o diagnóstico, Laboratorio de diagnóstico clínico e Animación sociocultural.

Examinado o expediente instruído por instancia da representante do centro privado Cruz Roja Española da Coruña, solicitando o cambio de domicilio por traslado de instalacións, e a autorización para poder imparti-lo ciclo formativo de grao medio Coidados auxiliares de enfermería, ciclo formativo de grao superior Imaxe para o diagnóstico, ciclo formativo de grao superior Laboratorio de diagnóstico clínico da familia profesional de sanidade, e o ciclo formativo de grao superior Animación sociocultural da familia profesional de servicios socioculturais e á comunidade.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, Real decreto 546/1995 (BOE do 5 de xuño), polo que se establece o título de técnico en coidados auxiliares de enfermería, Real decreto 545/1995 (BOE do 12 de xuño), polo que se establece o título de técnico superior en imaxe para o diagnóstico, Real decreto 539/1995 (BOE do 3 de xuño), polo que se establece o título de técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico, Real decreto 2058/1995 (BOE do 21 de febreiro), polo que se establece o título de técnico superior en animación sociocultural, Decreto 133/1995 do 10 de maio (DOG do 22 de maio) e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o dito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizarlle ó centro Cruz Roja Española o cambio de domicilio por traslado de insta-

lacións, autorizándolle definitivamente poder imparti-los ciclos que se relacionan no anexo da presente orde.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

Terceiro.-O centro que pola presente orde se autoriza deberá cumpri-la Norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29 de outubro). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Quinto.-Proceder ó cesamento de actividades nas instalacións que o centro privado Cruz Roja Española ten nas rúas Curros Enríquez e R. del Cueto na cidade da Coruña.

Disposición transitoria

Mentres non se extinguen as ensinanzas de FP2, segundo o calendario de aplicación da Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, poderán imparti-las ensinanzas das especialidades de laboratorio e de radiodiagnóstico que o dito centro ten autorizadas.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Enderezo: Joaquín Planells, s/n.

Denominación específica: Cruz Roja Española.

Código do centro: 15021986.

Representante: María del Carmen Colmeiro Rojo.

Ensinanzas que se autorizan:

-Ciclo formativo de grao medio Coidados auxiliares de enfermería, da familia profesional de sanidade (1 unidade).

-Ciclo formativo de grao superior Imaxe para o diagnóstico, da familia profesional de sanidade (2 unidades).

-Ciclo formativo de grao superior Laboratorio de diagnóstico clínico, da familia profesional de sanidade (2 unidades).

-Ciclo formativo de grao superior Animación sociocultural, da familia profesional de servicios socioculturais e á comunidade (1 unidade).

8442