Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 18 de setembro de 1998 Páx. 10.504

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE COMPENSACIÓN DO POLÍGONO ÚNICO DO SECTOR I DO S.A.U. DE PORTOAVIEIRA

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de compensación do polígono único do sector I do S.A.U. de Portoavieira-Gándara (Oroso).

A asemblea xeral da xunta de compensación do polígono único do sector I do S.A.U. de Portoavieira, en sesión extraordinaria do 10 de xullo de 1998, aprobou inicialmente o proxecto de compensación do polígono único do sector I do S.A.U. de Portoavieira, que deberá ser sometido a información pública polo prazo de 20 días desde a publicación deste anuncio, mediante notificación persoal ós propietarios con domicilio coñecido e publicación do correspondente anuncio no DOG, en cumprimento do disposto nos artigos 102.4º e 133.8º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

O expediente completo atópase exposto na sede da xunta de compensación, sita en Portoavieira-Gándara (Oroso).

Oroso, 10 de setembro de 1998.

O secretario

Rubricado