1. Entidade adxudicadora:
Organismo: Concello de Ribeira.
Dependencia tramitadora: Oficina de Contratación.
2. Obxecto do contrato:
Denominación do proxecto: saneamento nos lugares de Lomba, Carballal, San Pedro e Coroso (Palmeira).
Prazo de execución: 4 meses.
Plan: 2000 de infraestructuras, anualidade 1998.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
Tramitación: urxente.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento:
Prezo base de licitación: 17.604.423 pesetas (IVE incluído).
5. Garantías:
Provisional: 352.088 pesetas.
Definitiva: 4% do prezo en que resulte a adxudicación.
6. Obtención de documentación e información:
Entidade: Concello de Ribeira.
Domicilio: Praza do Concello, 1, 15960 Ribeira (A Coruña).
Teléfono: 981 87 10 50.
Data límite: ata o día de finalización do prazo para presenta-las ofertas.
7. Requisitos do contratista:
Clasificación: non se esixe.
8. Presentación de ofertas:
Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia, en horario de 9 a 13.30 horas. No caso de que coincida en sábado o día de finalización do prazo, este quedará prorrogado automaticamente para o seguinte día hábil.
Lugar: rexistro xeral do Concello de Ribeira.
Modelo de proposición: véxase o anexo II do prego de condicións.
Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.
9. Apertura das ofertas:
Lugar: Casa do Concello de Ribeira.
Data e hora: o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, ás 12 horas. No caso de que coincida en sábado, celebrarase o seguinte día hábil.
10. Gastos:
Os derivados da publicación dos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.
Ribeira, 11 de agosto de 1998.
José Luis Torres Colomer
Alcalde
7951