Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 18 de setembro de 1998 Páx. 10.482

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/94-2, 4980 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Caldelas-Cruceiro (Antas de Ulla).

Situación: Antas de Ulla.

Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV de 1.184 metros de lonxitude en conductor LA-56 sobre apoios de formigón, centro de transformación de 50 kVA relación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión de 1.220 metros de lonxitude en conductor R.Z.-0,6/1 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Lugo, 20 de agosto de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8181