Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 17 de setembro de 1998 Páx. 10.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 1998, da Dirección Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público C.P. 6/1998, que ten por obxecto a adquisición de marcapasos e electrodos para o Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense.

O director xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) e no Decreto 211/1998, do dito conselleiro do 25 de xuño de 1998 (DOG nº 133, do 13 de xullo), acordou darlle publicidade á adxudicación do concurso de subministracións que se cita.

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, C.H. de Ourense, Servicio de Compras do C.H. Cristal-Piñor, rúa Ramón Puga, 52, E32005-Ourense; teléfono 988 38 57 02, fax: 988 38 58 49.

2. Modalidade de adxudicación elixida: concurso público polo procedemento aberto.

3. Data de adxudicación dos contratos: 3 de agosto de 1998.

4. Criterios de adxudicación dos contratos: conforme a cláusula nº 7 do prego de bases.

5. Número de ofertas recibidas: oito.

6. Provedores:

-St. Jude Medical España, S.A.; Serrano, 240, E-28016 Madrid. Lotes nº 1 e 7.

-C.E.M. Biotronik, S.A.; Vía de las dos Castillas, nº 9 A, E-28224 Madrid. Lotes nº 2, 3, 4, 5, 6, 8, 9 e 10.

7. Obxecto da contratación, número CPA: CPV: 33101800. Marcapasos e electrodos.

8. Prezos:

Lote nº 1: 8.882.000 pesetas.

Lote nº 2: 11.747.720 pesetas.

Lote nº 3: 6.646.640 pesetas.

Lote nº 4: 7.239.600 pesetas.

Lote nº 5: 22.192.000 pesetas.

Lote nº 6: 26.720.000 pesetas.

Lote nº 7: 17.326.768 pesetas.

Lote nº 8: 20.956.000 pesetas.

Lote nº 9: 1.008.000 pesetas.

Lote nº 10: 1.073.000 pesetas.

9. Data de publicación do anuncio no:

Diario Oficial das Comunidades Europeas: 18-4-1998 (98/S 76-47838/ES).

Boletín Oficial del Estado: 24-4-1998 (nº 98).

Diario Oficial de Galicia: 29-4-1998 (nº 81).

12. Data de envío do presente anuncio: 2 de setembro de 1998.

13. Data de recepción do presente anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Ourense, 24 de agosto de 1998.

Alfonso Clemente González

Director xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Ourense

8357