Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 16 de setembro de 1998 Páx. 10.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación por concurso aberto da execución das obras do proxecto de remodelación dunha parte da Casa das Artes para acolle-lo arquivo fotográfico Pacheco.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Cultura, Patrimonio e Contratación. Nº de expediente: 5873/331.

2. Obxecto do contrato. Descrición: execución das obras do proxecto de remodelación dunha parte da Casa das Artes de Vigo para acolle-lo arquivo fotográfico Pacheco.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 9.548.687 ptas.

5. Garantías. Provisionais: 2% do tipo de licitación.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono 986 81 01 48. Fax 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira na forma prevista nos artigos 16 e 17 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas. Prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 9 de setembro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

8432