Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 15 de setembro de 1998 Páx. 10.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/166-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. A Magdalena.

Situación: Vilamartín de Valdeorras.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 100 metros de lonxitude, en conductor R.H.V.-12/20-3x95, con orixe no apoio de madeira que se vai substituír da L.M.T. ó C.T. Rodaleira e con remate no C.T. aéreo proxectado da Magdalena, tipo pé de poste, con 250 kVA r/t 15.000/380-220 V., en urbanización A Magdalena, e R.B.T. subterránea de 339 metros en conductor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 20 de agosto de 1998.

P.S.L.

Juan Manuel García García

Xefe de servicio da Delegación Provincial

de Ourense

8158