Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 15 de setembro de 1998 Páx. 10.359

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o outorgamento do permiso de investigación Jarotos, 2601.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que con data do 5 de maio de 1998, se outorgou o permiso de investigación Jarotos nº 2601, de 42 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais da Lama, Fornelos de Montes e O Covelo, da provincia de Pontevedra, e Avión, da provincia de Ourense.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 19 de agosto de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

8161