Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 14 de setembro de 1998 Páx. 10.277

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

Por decreto do oito dos que corren o alcalde resolveu:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do subcuarteirón 2B do Plan Parcial de Alargamento do Núcleo Actual correspondente ó estudio de detalle reformado do referido subcuarteirón nun ámbito con fronte á Avda. de Galicia (CN. 550) promovido por Galpor, S.L. e redactado polo arquitecto José Luis Pereiro Alonso o 22 de decembro de 1997 e visado polo respectivo colexio o 24-2-1998.

Deberá presentar, antes da aprobación definitiva, a seguinte documentación:

O aval bancario para garanti-lo exacto cumprimento da urbanización, por un importe de 21.956.821 ptas., tal como indica o enxeñeiro municipal no seu informe do 7-9-1998.

2. Somete-lo referido proxecto de urbanización, co seu expediente, a información pública durante

un mes, mediante anuncios que se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior circulación da provincia.

Por todo o exposto, o referido proxecto co seu expediente, queda exposto ó público na secretaría do concello tódolos días hábiles en horario de oficinas, durante o prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O Porriño, 8 de setembro de 1998.

José Manuel Barros González

Alcalde

8315