Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 14 de setembro de 1998 Páx. 10.274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación na sesión do 31-7-1998, o estudio de detalle para a reordenación de aliñacións na rúa Outeiral nº 6, sométese a información pública polo prazo dun mes, para efectos de alegacións.

O prazo contará desde a última publicación no DOG ou nun xornal dos de maior circulación na provincia.

O expediente estará a disposición dos interesados na oficina de obras do concello.

Caldas de Reis, 7 de setembro de 1998.

José Mª Tobío Barreira

Alcalde

8326