Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 14 de setembro de 1998 Páx. 10.273

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 1998 referente á convocatoria para prover varias prazas.

No BOP da Coruña número 178, do 5 de agosto de 1998 publícanse íntegras as bases xerais-específicas e anexos de convocatoria de prazas incluídas na ofertas pública de emprego do Concello de Betanzos para 1998 para cubrir en propiedade as seguintes:

Cinco prazas de administrativo de Administración xeral.

Sete prazas de auxiliar de Administración xeral.

Unha praza de informático.

Unha praza de alguacil-chofer.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados coa presente convocatoria publicaranse no BOP da Coruña e taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Betanzos, 21 de agosto de 1998.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde-presidente

8053