Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 14 de setembro de 1998 Páx. 10.268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 1998 pola que se fai pública a adxudicación da contratación, polo sistema de procedemento negociado sen publicidade, da obra de urbanización do módulo 2 do grupo de vivendas de promoción pública da Pastoriza. Lugo. (Expediente LU-98/URB01).

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do director xeral do IGVS do 4 de xuño de 1998, adoptada en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS do 6 de abril de 1995, lle foi adxudicado o contrato á empresa Contrucciones Cuíña, S.A., por un importe de vinteún millóns duascentas corenta e dúas mil seiscentas trece (21.242.613) pesetas, IVE incluído, e un prazo de execución de catro (4) meses.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 1998.

P.D.(Resolución 6-4-1995)

José A.Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

7974