Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 14 de setembro de 1998 Páx. 10.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 1998 pola que se anuncia a licitación do proxecto e obra para a construcción de cotováns da estructura e outras obras na estación de autobuses de Pontevedra, polo procedemento aberto de concurso de proxecto e obra.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: proxecto e obra para a construcción de cortaváns da estructura e outras obras na estación de autobuses de Pontevedra.

b) Prazo de execución : 6 meses.

3. Tramitación, procedemento, e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso de proxecto e obra.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 34.000.000 de pesetas.

5. Garantías.

Provisional: dispensada ós que acrediten a clasificación requirida (R.D. 1883/1979).

6. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación, e o prego de prescricións técnicas, poderán recollerse en:

a) Entidade: nas delegacións provinciais da CPTOPV e na Dirección Xeral de Transportes.

b) Enderezo: praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: 981 54 45 94.

e) Telefax: 981 54 43 51.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: a clasificación requirida será grupo c completo, categoría d.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións terminarase ás catorce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas adminsitrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda ou enviarse polo correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Domicilio: r/ San Caetano s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15071.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Dirección Xeral de Transportes.

b) Domicilio: praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte á data de terminación do prazo de presentación das proposicións.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que se xunta no anexo do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 25-10-1983, DOG 14/12)

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

8007