Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 14 de setembro de 1998 Páx. 10.256

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 24 de agosto de 1998 pola que se resolve parcialmente a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, anunciada pola Orde do 11 de xuño de 1998.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria pola Orde do 11 de xuño de 1998 (DOG nº 122, do 26 de xuño), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, e na disposición sexta da dita orde, e demais normativa vixente, esta consellería

ACORDA:

Primeiro.-Resolve-la citada convocatoria conforme se expresa no anexo desta orde, adxudicándolle destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se cita.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obteña praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, tratándose de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Real decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro no que cause baixa o funcionario, así como a daquel no que obteña praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión, respectivamente, e efectuaranse acto seguido os trámites necesarios para a entrada en nómina, conforme dispón a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 28 de novembro de 1983.

Trasladaranse as dilixencias efectuadas, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nos termos e prazos sinalados na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, logo da comunicación a esta consellería conforme o previsto no artigo 110.3º da

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 1998.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

ANEXO

Nº R.P.: 3274827502A2077.

Grupo: B.

Apelidos e nome: López García, Francisco.

Posto de traballo: xefe área IV- Servicio Extensión Agraria-Carballo.

Nivel: 26.

Localidade: Carballo.

Dependencia: delegación provincial.

Nº R.P.: 3242371746A2077.

Grupo: B.

Apelidos e nome: Pérez Abellá, Antonio Augusto.

Posto de traballo: xefe área VII- Servicio Extensión Agraria-Ordes.

Nivel: 26.

Localidade: Ordes.

Dependencia: delegación provincial.

Nº R.P.: TO8AG05A001611.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Amado Bande, Victorino.

Posto de traballo: xefe área IV-Servicio Extensión Agraria-Lugo.

Nivel: 26.

Localidade: Lugo.

Dependencia: delegación provincial.

8124