Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 11 de setembro de 1998 Páx. 10.218

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avalicación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto da explotación derivada do permiso de investigación Susana.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de explotación Susana, situada no concello de Lugo, provincia de Lugo.

2. Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.

Concello de Lugo.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días, contando a partir do seguinte día a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 1998.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

8283