Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Vispín.
Situación: A Peroxa.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 6 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 24 da L.M.T Barra de Miño-Celaguantes e remate no C.T. proxectado tipo intemperie con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Vispín. R.B.T aérea de 530 metros en conductor R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 6 de agosto de 1998.
P.S.L.
Juan Manuel García García
Xefe de servicio da Delegación Provincial de Ourense
7935