Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 11 de setembro de 1998 Páx. 10.209

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 10 de agosto de 1998, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00241-O-98 e dous máis).

Por medio desta cédula, notifícaselles ós/ás denunciados/as, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por ese motivo, iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegaren por escrito perante este Servicio Provincial de Transportes o que consideran conveniente, achegando ou propondo as probas que coiden oportunas, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste e lles sirva de notificación, ós citados denunciados, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 10 de agosto de 1998.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-00241-O-98

PO-8106-V

G.C. Tráfico

José Luis Pedrouso

Ponte, 5

36820 Ponte Caldelas (Pontevedra)

Circular transportando 240 caixas de bebidas, carecendo de tódolos distintivos de radio de acción da tarxeta de transportes. Servicio privado.

27-2-1997; 13.10; C-531;

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE 30)Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199015.000 ptas.
PO-00285-I-98

PO-8106-V

Autorizacións

Begoña Goris Sisto

Subida Mouriño, 18, Chapela

36320 Redondela (Pontevedra)

Non realiza-lo visado correspondente ó ano 1998 da autorización do vehículo e titularidade sinalados no prazo establecido por resolución da dirección xeral de Transportes con data do 19-9-1995 (BOE do 2 de outubro). Servicio público

16-3-1998

Art. 142 n) da Lei 16/1987, do 30 de xullo

Art. 199 n) do R.D. 1211/1990

143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199025.000 ptas.
PO-00349-O-98

PO-0305-T

G.C. Tráfico

José Antonio Crespo Barreiro

Andurique, 19

36995 Poio (Pontevedra)

Circular transportando flores, o vehículo carece do distintivo de ámbito do transporte na parte porterior do vehículo. Servicio privado

11-3-1998; 11.40; C-550; 23,100

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE 30)143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/19905.000

ptas.

8143