Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 11 de setembro de 1998 Páx. 10.147

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 26 de agosto de 1998 pola que se modifica a do 9 de abril de 1997 pola que se establece o programa de axudas para a mellora da competitividade nas empresas.

Para mellora-la eficacia da Orde do 9 de abril de 1997 pola que se establece o programa de axudas para a mellora da competitividade nas empresas.

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícanse os seguintes artigos da orde da Consellería de Economía e Facenda do 9

de abril de 1997, pola que se establece o programa de axudas para a mellora da competitividade nas empresas galegas.

1. Artigo 2, queda redactado como segue:

«A concesión e xestión destas axudas efectuaraa polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), con cargo ós conceptos de gasto 0399 71201 77013 99, do programa Pimega, que ten unha existencia de crédito de 200.000.000 de ptas. para o ano 1998. A concesión das axudas estará supeditada á existencia de crédito orzamentario suficiente».

2. Artigo 4, apartado 2, queda redactado como segue:

«2. Proxectos de implantación de plans de mellora, que comprenderán aqueles proxectos de implanta

ción de melloras competitivas e de melloras de procesos.

Estes proxectos caracterízanse por ter un forte impacto na organización da unidade productiva e, por conseguinte, un elevado risco na súa implantación, así como os custos e prazos de realización máis elevados».

3. Artigo 6, queda redactado como segue:

«Artigo 6.-Proxectos de implantación de plans de mellora.

A axuda do Igape para proxectos de implantación de melloras competitivas e de procesos poderá consistir en:

a) Subvención dos gastos de contratación dunha empresa de consultoría externa ou dun centro tecnolóxico, necesaria para a implantación do proxecto.

b) Subvención dos gastos externos á empresa de carácter intanxible, necesaria para a posta en marcha das melloras. A subvención máxima por este concepto será de 800.000 ptas. (oitocentas mil pesetas).

A subvención por ambos conceptos, a) e b), poderán acadar ata o 60% dos custos incentivables, cun máximo de 3.000.000 (tres millóns) de pesetas por empresa e ano».

4. Artigo 7, apartado 4, parágrafo b, queda redactado como segue:

«b) Balance e conta de resultados dos dous últimos exercicios económicos pechados».

5. Artigo 13, engádeselle o apartado 3, coa seguinte redacción:

«3. Antes de proceder ó pagamento, os beneficiarios deberán acreditar que se atopan ó día das súas obrigas tributarias e sociais e que non teñen pendente de aboamento, por ningún concepto, ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, e presentan para iso os correspondentes certificados oficiais».

6. Artigo 15, apartado 1, parágrafo b, queda redactado como segue:

«b) Para os proxectos de implantación de plans de mellora establécese un prazo máximo de seis meses. Nos proxectos en que interveña un centro tecnolóxico poderá concederse un prazo de ata doce meses.

En función do desenvolvemento do proxecto, o Igape poderá conceder unha única prórroga por un período máximo de catro meses máis».

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 1998.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

8282