Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 10 de setembro de 1998 Páx. 10.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación que se cita. (Expediente 97/818).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese á información pública a solicitude da empresa Galicia Textil, S.A. con enderezo social na Avda. do Xubia, número 1, Xubia, Neda (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación que segue:

Instalación de coxeración composta por un motor-xerador de 1281 kVA de potencia alimentado a gas natural e tensión de xeración 380 V, cun centro de transformación de 1600 kVA e relación de transformación 15 kV/380 V instalación de baixa tensión, regulación, control e interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora.

Lugar onde se vai establece-la instalación: factoría da empresa en Xubia, Neda (A Coruña).

Orzamento: 132 millóns de pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamación ou oposición no prazo de trinta días nesta delegación provincial, Edificio Administrativo de Servicios Multiples Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 12 de agosto de 1998.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións da Coruña

7930