Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 10 de setembro de 1998 Páx. 10.121

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público aberto, da contratación de asistencia técnica sobre a execución dos traballos de informes técnicos sobre a execución das obras subvencionadas polo fondo de cooperación coas entidades locais de 1998 correspondentes á provincia de Lugo.

A Consellería de Economía e Facenda, por proposta da Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios, convoca o seguinte concurso público aberto:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.

c) Número de expediente: 98/05/1002.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: realización do traballo de informes técnicos sobre a execución das obras subvencionadas polo fondo de cooperación coas entidades locais de 1998.

b) Lugar de execución: provincia de Lugo.

c) Prazo de execución: desde a formalización do contrato nove meses naturais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación:

Importe total: 20.982.615 pesetas, IVE incluído.

5. Garantías:

a) Provisional: 2% do orzamento da licitación.

b) Definitiva: 4% do orzamento da licitación.

6. Obtención da documentación e información:

a) Entidade: Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.

b) Domicilio: San Caetano s/n.

c) Localidade: 15702, Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 51 32.

e) Telefax: 981 54 51 33.

f) Data límite da obtención: os días e horas hábiles de oficina, ata a finalización do prazo de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación e categoría: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: comezará o día seguinte ó da data da publicación desta resolución e rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: os licitadores presentarán toda a documentación que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: as proposicións terán que ser presentadas en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda ou enviadas por correo dentro de prazo de admisión, nos termos establecidos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, redactado segundo o Real decreto 1528/1986, do 28 de novembro.

d) Modelo de proposición: a proposición económica formularase conforme o modelo que se xunta como anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: mesa de contratación da Consellería de Economía e Facenda.

b) Domicilio: San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: ás dez horas do sexto día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do derradeiro día de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: os anuncios e demais gastos que orixine este concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda

8258