Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 10 de setembro de 1998 Páx. 10.111

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 2 de setembro de 1998 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Escola Galega de Administración Pública.

Convocada por Orde do 6 de xullo de 1998 (DOG nº 148, do 3 de agosto), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Escola Galega de Administración Pública, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da devandita lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Escola Galega de Administración Pública, anunciada pola Orde do 6 de xullo de 1998 (DOG nº 148, do 3 de agosto).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comu

nicarllo a esta consellería segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

NRP:3321029346A2051.

Apelidos e nome: Morales Piñeiro, Jaime Mª.

Grupo: B.

Corpo: Xestión da Administración da Xunta de Galicia.

Código do posto: PR.A01.00.000.15770.016.

Denominación: xefe do Servicio de Selección, Formación, Perfeccionamento e Especialización do Persoal da Administración Local.

Nivel: 28A.

Dependencia: Escola Galega de Administración Pública.

Localidade: Santiago de Compostela.

8223