Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 09 de setembro de 1998 Páx. 10.098

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A Alcaldía-delegada para a área de urbanismo con data do 20 de agosto de 1998 dictou resolución do seguinte teor:

1. Aprobar inicialmente o proxecto do Castro de Elviña redactado polos servicios municipais para a expropiación dos bens e dereitos afectados.

2. Optar, para a execución do citado proxecto de expropiación, polo sistema de taxación conxunta.

3. Somete-lo citado proxecto ó trámite de información pública polo termo dun mes mediante a inserción dos correspondentes anuncios na prensa e diarios oficiais, durante o cal os interesados poderán consultalo nas dependencias do Servicio de Urbanismo do Concello da Coruña, de luns a venres en horario de 12 a 13.30 horas, e presentar cantas alegacións coiden pertinentes en defensa dos seus dereitos.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 145.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, advertindo ós posibles interesados

de que a consulta do expediente poderá facerse nas oficinas de xestión do Servicio de Urbanismo de luns a venres, desde as 12 ata as 13.30 horas.

A Coruña, 20 de agosto de 1998.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro-delegado do Servicio de Urbanismo

7956