Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 09 de setembro de 1998 Páx. 10.092

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 1998, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público e polo trámite de urxencia, para a subministración dunha máquina para lavado automático do material do animalario do Centro de Control da Calidade do Medio Mariño en Vilaxoán.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Mariños.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: adquisición dunha máquina para lavado automático do material do animalario do Centro de Control da Calidade do Medio Mariño en Vilaxoán, de acordo coas características establecidas no prego de prescricións técnicas.

b) Lugar de entrega: Centro de Control da Calidade do Medio Mariño en Vilaxoán.

c) Prazo de entrega: no prazo máximo de 90 días contados a partir da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: trámite de urxencia.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 6.000.000 de pesetas.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, 5-2º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 40 44.

e) Telefax: 981 54 50 25.

f) Data límite para a obtención de documentos e información: aquela na que finalice o prazo de presentación de proposicións.

6. Requisitos específicos do contratista: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, edificio administrativo San Caetano, 5-2º, Santiago de Compostela, 15703.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, 5-2º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó do peche do prazo de presentación de proposicións. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

9. Gastos de anuncios: serán satisfeitos polo adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 1998.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños

7971