Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 08 de setembro de 1998 Páx. 10.072

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO do 23 de xullo de 1998 para a convocatoria de dúas prazas de persoal laboral fixo para a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A., (Turgalicia) anuncia a convocatoria para a contratación laboral fixa das seguintes prazas:

A) Posto: adxunto área de calidade (REF. AC-TUR).

1. Funcións principais: apoio á área de calidade na xestión dos sistemas de calidade que se implantarán nos establecementos do sector galego.

2. Prazas: 1.

3. Requisitos:

-FP II ou equivalente.

-Coñecementos de informática a nivel usuario.

-Coñecemento falado e escrito de idiomas: galego e inglés.

-Cursos de especialización no sector turístico.

-Experiencia de 2 anos no sector turístico.

4. Valorarase:

-Currículum vitae.

-Experiencia na área de aloxamento.

-Coñecementos específicos de calidade.

-Capacidade para integrarse en equipos de traballo.

5. Probas que se realizarán:

-Proba de coñecementos de idiomas: galego e inglés.

-Proba de informática (Word, Excell e Access 97).

-Proba específica de coñecementos do sector (calidade, xestión de establecementos).

-Entrevista.

B) Posto: operador de informática (REF. OPI-TUR).

1. Funcións principais: tarefas de introducción de datos, escaneo de fotografías e apoio na creación de páxinas web.

2. Prazas:1

3. Requisitos:

-FP II en informática.

-Dominio Word, Excell e Access 97.

-Mecanografía.

-Coñecementos de galego e francés, falado e escrito.

4. Valorarase:

-Currículum vitae.

-Coñecementos linguaxe ASP para creación de páxinas web.

-Coñecementos Photoshop 4.0 e manexo de escaneo de fotografías.

-Capacidade para integrarse en equipos de traballo.

5. Probas que se realizarán:

-Proba de coñecemento de Word, Excell, Access 97.

-Mecanografía.

-Proba de coñecemento de idiomas: galego e francés.

-Proba de coñecemento de Photoshop.

-Entrevista.

C) Documentación que se presentará:

-Solicitude, indicando a referencia, dirixida ó xefe da Área Económica e de Persoal de Turgalicia (Estrada Santiago de Compostela-Noia, Km 3. A Barcia. 15896 Santiago de Compostela).

-Currículum vitae.

-Acreditación orixinal dos méritos reflectidos nel. Os títulos obtidos no estranxeiro deberán estar validados en España.

D) Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

E) Selección:

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado publicará as listas previas de admitidos e excluídos do proceso.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 1998.

Aurelio Miras Portugal

Conselleiro delegado de Turgalicia, S.A