Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 08 de setembro de 1998 Páx. 10.050

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de xullo de 1998 pola que se nomean os membros da comisión avaliadora de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do profesorado universitario.

Por Orde do 7 de maio de 1998 (DOG nº 99, do 26 de maio), convocáronse e aprobáronse as bases que rexen as convocatorias de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do profesorado universitario. Nesta orde establecíase que a selección dos bolseiros sería realizada por unha comisión formada por tres representantes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e tres representantes das universidades de Galicia, segundo a composición que sería determinada na correspondente orde. Por todo iso, e logo da designación dos seus representantes por parte das universidades

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomea-los membros da comisión avaliadora das bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do profesorado universitario, que queda integrada polas persoas que a continuación se relacionan:

Presidente: Eleutino Álvarez Álvarez, subdirector xeral de Universidades.

Vocais:

Castor Méndez Paz, vicerrector de Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela.

Manuel Casteleiro Maldonado, vicerrector de Organización Docente e Profesorado da Universidade da Coruña.

Mª Teresa Iglesias Randulfe, profesora do departamento de Química Física e Química Orgánica da Universidade de Vigo.

Néstor Valcárcel Teijeiro, asesor xurídico da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Secretario, que actuará con voz e voto, Xavier Valiño García, xefe do Servicio de Coordinación do Sistema Universitario da Dirección Xeral de Universidades.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

8135