Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 07 de setembro de 1998 Páx. 10.038

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación do subministro consistente na uniformidade para persoal laboral en centros dependentes desta delegación provincial.

En cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación da subministración consistente na uniformidade para persoal laboral en centros dependentes desta delegación provincial, distribuído nas seguintes partidas:

Nº expediente: 98/11/000682.

Publicación do anuncio de licitación: DOG nº 94, do 19 de maio de 1998.

Tramitación: concurso aberto, procedemento ordinario.

Partida I-A (calzado): 1.200.000 pesetas (un millón duascentas mil pesetas): queda deserto.

Partida I-B (calzado, zocos lavables): 800.000 pesetas (oitocentas mil pesetas): adxudícaselle á empresa Iturri por un importe de 565.950 pesetas (cincocentas sesenta e cinco mil novecentas cincuenta pesetas.

Partida II (pixamas e batas): 1.300.000 pesetas (un millón trescentas mil pesetas): queda deserto.

Partida III (pezas de roupa diversas): 3.100.000 pesetas (tres millóns cen mil pesetas): queda deserto.

Vigo, 10 de agosto de 1998.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Jorge García-Borregón Millán

Delegado provincial de Pontevedra

7970