Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 04 de setembro de 1998 Páx. 10.020

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ACORDO da Comisión de Goberno polo que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a determinación do tipo de bens para a adxudicación da subministración e instalación de equipamento de campos de fútbol e pavillóns polideportivos incluídos no Plan 2000 Deportes da Deputación Provincial da Coruña. (Expediente 98/7396).

Obxecto: determinación do tipo de bens para a adxudicación da subministración e instalación de equipamento de campos de fútbol e pavillóns polideportivos incluídos no Plan 2000 Deportes da Deputación Provincial da Coruña.

Lugar de entrega: municipios da provincia da Coruña.

Prazo de execución: o contrato terá unha vixencia de dous anos. O prazo de entrega dos bens específicos será de dous meses.

Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: ver cláusula 2 do prego.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: ver cláusula 10 do prego.

Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 28 de agosto de 1998.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

Hipólito Blanco Malvárez

Secretario accidental da Deputación Provincial

da Coruña