Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 04 de setembro de 1998 Páx. 10.017

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

ANUNCIO.

No BOP do día da data publícanse os pregos de condicións íntegros para o concurso das obras de construcción dos camiños de acceso á igrexa de Piñor-Barbadás e camiño Loiro, nº 308-1/FCL/1998, con tipo de licitación: 13.850.241 ptas.

Fianza provisional: 2% do tipo de licitación.

Fianza definitiva: 4% do tipo de licitación.

Presentación de documentación e proposicións: no rexistro xeral do concello, en días hábiles e horas de oficina, ata as 12 horas do día 13 día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Se o último fose inhábil ou sábado o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: consta detallada no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuítamente ós que o soliciten nas oficinas municipais, en Cimadevila-Barbadás. Tfno.: 988 36 00 00. Fax: 988 36 01 26.

Apertura de plicas: ás 13 horas do día hábil seguinte, agás sábados, ó de finalización do prazo de presentación de ofertas e documentación.

Barbadás, 27 de agosto de 1998.

O alcalde

Rubricado

8089