Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 04 de setembro de 1998 Páx. 10.016

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PASTORIZA

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno deste Concello, en sesión celebrada o día 11 de agosto do ano en que estamos, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán na contratación das obras do proxecto de pavimentación no núcleo de Bretoña, exponse ó público na secretaría deste concello polo prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, para efectos de exame e reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase a contratación da dita obra, se ben no suposto de presentarse reclamacións contra o prego de cláusulas, o concurso aprazarase cando resulte necesario, ata que sexan resoltas pola propia Corporación.

1. Entidade adxudicadora:

a) Concello da Pastoriza.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: pavimentación no núcleo de Bretoña.

b) Lugar de execución: concello da Pastoriza.

c) Prazo de execución: seis meses.

3. Orzamento base de licitación, importe total: 21.686.598 ptas., IVE incluído.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

5. Garantías:

a) Provisional: 433.732 ptas.

b) Definitiva: 867.464 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello da Pastoriza.

b) Domicilio: praza de Galicia, 1.

c) Localidade e código postal: A Pastoriza, 27287.

d) Teléfono: 982 33 21 97.

e) Fax: 982 33 22 33.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación no grupo G, subgrupo 6, categoría c).

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da última publicación.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 18 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Concello da Pastoriza, praza de Galicia, 1.

9. Apertura de ofertas: no salón de sesións deste concello ás trece horas do quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación:

-Unidades de obra adicional, ata seis puntos.

-Antecedentes relativos a obras de natureza análoga realizadas polo contratista para as distintas administracións públicas, ata catro puntos.

-Prezo, ata dous puntos.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Pastoriza, 20 de agosto de 1998.

Áurea Castro Conde

Alcaldesa accidental

8104