Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 04 de setembro de 1998 Páx. 10.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público 12/1998, mantemento integral de aparellos médicos, instalacións eléctricas de locais de práctica médica, autoclaves de esterilización e equipos de comunicacións deste complexo hospitalario.

Convocado o concurso público nº 12/1998 para a contratación do mantemento integral de aparellos médicos, instalacións eléctricas de locais de práctica médica, autoclaves de esterilización e equipos de comunicacións do complexo hospitalario Cristal-Piñor, e a vista das actuacións practicadas, de conformidade coa lexislación vixente, esta dirección xerencia, en virtude das atribucións delegadas pola orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), acorda dar publicidade á adxudicación do concurso de servicios que se cita:

1. Nome e enderezo do órgano de contratación: Complexo Hospitalario Cristal-Piñor, rúa Ramón Puga, número 52, 32005 Ourense.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público.

3. Categoría do servicio e descrición: mantemento integral de aparellos médicos, instalacións eléctricas de locais de práctica médica, autoclaves de esterilización e equipos de comunicacións do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor.

4. Data de adxudicación do contrato: 27 de xullo de 1998.

5. Criterios de adxudicación: prezo: 30 puntos; medios persoais, cadros técnicos e material de empresa, así como os asignados ó hospital: 25 puntos; mellora do prego: 20 puntos; cualificación pro

fesional no mantemento de equipos electromédicos: 15 puntos; informatización técnica: 10 puntos.

6. Número de ofertas recibidas: seis.

7. Nome e enderezo do prestador do servicio: Mantenimiento Electromédico, S.A. (Mantelec, S.A.), NIF A.31116015; rúa Fernández Portolés, 3; 31500 Tudela (Navarra).

8. Prezo: 103.277.500 pesetas. IVE incluído, en cómputo anual.

9. Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial das Comunidades Europeas: 26 de maio de 1998 (suplemento S, nº 100).

10. Data de publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial do Estado: 3 de xuño de 1998 (nº 132).

11. Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: 1 de xuño de 1998 (nº 103).

12. Data de envío do anuncio:

13. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Ourense, 30 de xullo de 1998.

Pedro A. Soler Bordoy

Director xerente do Complexo Hospitalario

Cristal-Piñor de Ourense

8118