Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 03 de setembro de 1998 Páx. 9.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO de licitación.

Por resolución da Alcaldía do 22 de xullo actual, foi aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares que ha rexe-lo concurso, por procedemento aberto, das obras de abastecemento e saneamento dos barrios de Ribeira e A Relva, en Torneiros, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente anúnciase oconcurso, aínda que a licitación se aprazará canto resulte necesario no suposto de se formularen reclamacións contra o prego de cláusulas administrativas particulares.

1. Entidade adxudicadora.

a) Concello do Porriño.

b) Negociado de Contratación (Secretaría).

c) Expediente: III-1/98.

2. Obxecto do contrato.

a) Abastecemento e saneamento dos barrios de Ribeira e A Relva, en Torneiros, conforme o proxecto técnico, redactado polo enxeñeiro técnico de obras públicas municipal e aprobado polo alcalde o 22 de xullo actual.

b) Lugar de execución: parroquia de Torneiros.

c) Prazo de execución: 2 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación e criterios de selección que se utilizarán para a adxudicación da obra.

Orzamento base de licitación: importe 13.005.819 pesetas.

5. Criterios de selección para a adxudicación da obra.

-Prazo de execución: 5 puntos.

-Mellora na calidade: 4 puntos.

-Oferta económica: 3 puntos.

-Valor técnico do control de calidade: 2 puntos.

6. Garantías.

Provisional: ó 2% do orzamento do contrato.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello do Porriño (Pontevedra).

b) Teléfono: 986 33 13 01; fax 986 33 58 50.

c) Data límite de obtención de documentación e informe: o día anterior a finaliza-lo prazo de presentación de proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista.

Os previstos no prego de cláusulas administrativas.

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: rematará ós 26 días naturais contados desde o seguinte ó da data da publicación do último anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a especificada na cláusula 12ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello do Porriño de 9 a 14 horas. Sábados de 9 a 13 horas.

10. Modelo de proposición.

O prego de cláusulas administrativas e modelo en oficinas xerais, 3ª planta e o publicado no BOP.

11. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

O Porriño, 22 de xullo de 1998.

José Manuel Barros González

Alcalde

7612