Por resolución da Alcaldía do 20 de xullo actual, foi aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares que ha rexe-lo concurso, por procedemento aberto, das obras de firme e acondicionamento do C.V. Novas Barreiro Covelo en Atios, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP para que poidan presentarse reclamacións.
Simultaneamente anúnciase o concurso, aínda que a licitación se aprazará canto resulte necesario no suposto de se formularen reclamacións contra o prego de cláusulas administrativas particulares.
1. Entidade adxudicadora.
a) Concello do Porriño.
b) Negociado de Contratación (Secretaría).
c) Expediente: III- 5/98.
2. Obxecto do contrato.
a) Firme e acondicionamento do C.V. Novas Barreiro Covelo en Atios, conforme o proxecto téc
nico, redactado polo enxeñeiro técnico de obras públicas municipal e aprobado polo alcalde o 20 de xullo actual.
b) Lugar de execución: parroquia de Atios.
c) Prazo de execución: 2 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación e criterios de selección que se utilizarán para a adxudicación da obra.
Orzamento base de licitación: importe 7.497.642 pesetas.
5. Criterios de selección para a adxudicación da obra.
-Prazo de execución: 5 puntos.
-Mellora na calidade: 4 puntos.
-Oferta económica: 3 puntos.
-Valor técnico do control de calidade: 2 puntos.
6. Garantías.
Provisional: ó 2% do orzamento do contrato.
7. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello do Porriño (Pontevedra).
b) Teléfono: 986 33 13 01; fax 986 33 58 50.
c) Data límite de obtención de documentación e informe: o día anterior a finaliza-lo prazo de presentación de proposicións.
8. Requisitos específicos do contratista.
Os previstos no prego de cláusulas administrativas.
9. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: rematará ós 26 días naturais contados desde o seguinte ó da data da publicación do último anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que se presentará: a especificada na cláusula 12ª do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello do Porriño de 9 a 14 horas. Sábados de 9 a 13 horas.
10. Modelo de proposición.
O prego de cláusulas administrativas e modelo en oficinas xerais, 3ª planta e o publicado no BOP.
11. Gastos de anuncios.
Por conta do adxudicatario.
O Porriño, 20 de xullo de 1998.
José Manuel Barros González
Alcalde
7611