Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 03 de setembro de 1998 Páx. 9.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 121 da Lei 1/1997, do 4 de marzo, do solo de Galicia, faise público que o Concello Pleno, en sesión celebrada o 31 de xullo de 1998, acordou aprobar inicialmente, a instancia de Valentín Izquierdo Rodríguez, a modificación do polígono urbanístico número 9 do PXOU

excluíndo do seu ámbito unha parcela de 1.400 m, que constituirá un novo polígono independente.

Dorante o prazo de vinte días habiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, as persoas interesadas poderán examina-lo expediente nas oficinas municipais e presentar, se é o caso, as reclamacións que consideren oportunas. No suposto de non presentar ningunha reclamación ou alegación, o acordo entenderase elevado automaticamente a definitivo.

Ribadeo, 3 de agosto de 1998.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde

7663