Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 03 de setembro de 1998 Páx. 9.966

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público para a realización de procesos de cirurxía potencialmente ambulatoria a pacientes procedentes dos hospitais Xeral-Cíes e O Meixoeiro de Vigo.

O director xeral da División de Recursos Económicos, cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa e en uso das atribucións que lle son delegadas polo artigo 15.2º do Decreto 49/1998, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia nº 33), acorda dar publicidade á adxudicación do contrato de xestión de servicios públicos mediante o procedemento de concurso seguinte:

Obxecto: realización de procesos de cirurxía potencialmente ambulatoria a pacientes procedentes dos hospitais Xeral-Cíes e O Meixoeiro de Vigo.

Adxudicatario: Clínica Ntra. Sra. del Pilar, S.L.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, e 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 1998.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos

7790