Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 03 de setembro de 1998 Páx. 9.959

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (183/1997).

En providencia do día de hoxe dictada polo maxistrado-xuíz deste xulgado, no xuízo verbal de faltas número 183/1997, que se seguen por circular sen seguro obrigatorio, cítase a Antonio Pallas Cancela para que o próximo día dezaoito de setembro ás 11 horas, compareza ante a sala da audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena s/n, polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistir á celebración do dito xuízo, en calidade de denunciado baixo apercibimento de que se non o verifica nin alega xusta causa para deixar de facelo, poderá ser multado de acordo coa lei e de que recaerán sobre el os prexuízos a que houbese lugar en dereito, podendo se é parte ser asistido por avogado e debendo acudir ó xuízo coas probas de que intente valerse. E para que así conste e sirva de citación en forma a Antonio Pallas Cancela en paradoiro descoñecido.

Expido a presente cédula en Santiago de Compostela o vintenove de maio de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

6323