Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 03 de setembro de 1998 Páx. 9.957

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO de poxa (92/1993).

O maxistrado-xuíz do Penal número tres de Vigo, en comisión de apoio no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón,

Fai saber que neste xulgado, baixo o número 92/1993, se segue xuízo executivo por instancia do Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Marcelino Lesende Iglesias, María Mercedes Blanco Gorís e Teresa Iglesias Tubío, por reclamación de 12.664.125 pesetas, máis os xuros legais, gastos e custas, autos nos que se acordou sacar á venda en poxa pública, polo termo de vinte días, os seguintes bens que se embargaron no procedemento e que ó final do presente edicto se relacionarán polo miúdo; poxa que terá lugar por primeira vez neste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón o vindeiro día 8 de outubro de 1998, ás 18.15 horas, coas seguintes condicións:

Condicións da poxa.

1. El tipo para a primeira poxa será o do valor que se lles deu ós bens, e non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da devandita suma.

2. Para tomar parte na poxa, os licitadores deberán consignar previamente polo menos o 20% da avaliación, no Banco Bilbao Vizcaya, S.A. conta de consignacións número 1576.000017.0093.93.

3. Soamente o executante poderá cede-lo remate a terceiros.

4. Poderanse facer ofertas por escrito, en prego fechado, desde o anuncio da poxa ata que esta teña lugar, depositándoo na mesma do xulgado e achegando o xustificante de ter feito o ingreso do importe que se indicou na condición segunda.

5. Os títulos de propiedade, substituídos por certificación rexistral, estarán de manifesto na secretaría deste xulgado, e os licitadores deberanse conformar con eles e non terán dereito a esixir outros; así mesmo, estarán de manifesto os autos. As cargas anteriores e as preferentes, se as houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade delas, sen que se destine para a súa extinción o prezo do remate.

6. Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día 10-11-1998, ás 18.15 horas, nas mesmas condicións que para a primeira, agás o tipo de avaliación, que se rebaixa nun 25% do da primeira; e, no caso de resultar deserta a segunda poxa, terá lugar unha terceira, sen suxeición a tipo o día 15-12-1998, ás 18.15 horas, rexendo para ela as mesmas condicións que se fixaron para a segunda.

Os bens obxecto da poxa, en lotes separados son os seguintes:

1. Predio denominado Choveiriña, destinado a monte e piñeiral, situado no concello de Rianxo, extensión: sete áreas. Taxado para efectos da poxa en 525.000 pesetas.

2. Predio denominado Bosque, destinado a viña, sinalado co número 11 do polígono, situado no concello de Rianxo, extensión 5 áreas e 60 centiáreas. Taxado para efectos da poxa 840.000 pesetas.

3. Predio denominado Outeiro, destinado a labradío, sinalado co número 22 do polígono, extensión 1 área e 10 centiáreas. Parcela catastral 61. Taxado para os efectos da poxa en 165.000 pesetas.

4. Predio denominado Su as Maceiras, dunha extensión de dous ferrados, en Taragoña. Taxado para efectos da poxa en 1.260.000 pesetas.

5. Predio denominado Chorente, dunhas oito concas, situado en Taragoña. Taxado para efectos da poxa en 420.000 pesetas.

6. Predio de labradío denominado Monte da Dorna, de 4 áreas e 60 centiáreas igual a trece concas, catorce centiáreas. Linda, norte: Teresa Iglesias Tubío; sur: Eduardo Laíño Blanco; leste, camiño de carro, e oeste, descoñecido, muro no medio; está atravesado por un camiño que leva á praia e que o divide en dúas porcións, situado no lugar de Burato, parroquia de Taragoña. Taxada para os efectos da poxa en 690.000 pesetas.

7. Predio rústico, monte raso, denominado Mourelles, situado no lugar de Burés, parroquia de Asados, Concello de Rianxo, dunha extensión superficial de 14 ferrados, equivalentes a unha sesentta e oito concas, ou sexa, cento cincuenta e oito áreas e oitenta centiáreas. Linda, norte: Manuel Agrelo Figueira, sur: muro que a separa do monte comunal; leste: tamén muro e despois monte comunal e oeste, o mesmo cun camiño de carro que presta servicio a distintos predios. Taxado para os efectos da poxa en 8.820.000 pesetas.

8. Toxal no sitio de Lustres, de doce áreas e sesenta centiáreas, igual a tres ferrados, situado nos termos do lugar de Lustres, parroquia de Asados, concello de Rianxo. Linda, norte: descoñécese, muro no medio; sur: Fungueiriño Romero e, en parte, Manuel Tubío Rivas; leste: predio seguinte, e oeste: descoñécese; en parte existe un valo de terra no medio formando un martelo no extremo norte-oeste do predio. Taxado para os efectos da poxa en 945.000 pesetas.

9. Toxal no sitio de lustres, de doce áreas e 60 cetiáreas ou trinta e seis concas. Linda, norte: máis alto de Manuel Carou, hoxe dos seus herdeiros; sur: Fungueiriño Romero; leste: descoñécese, muro no medio, e ó oeste: o predio anteriormente descrito. Luga de Burés, parroquia de Asados, concello de Rianxo. Taxado para os efectos de poxa en 945.000 pesetas.

10. Casa número 28 no lugar de Brurato, Taragoña, Rianxo, con terreo unido a ela e outra a horta separada do anterior por camiño co seu hórreo. Taxado para os efectos da poxa en 15.000.000 pesetas.

11. Predio a labradío, denominado Monte da Dorna duna 7 ferrados de superficie, situado en Taragoña. Taxado para os efectos da poxa en 4.410.000 pesetas.

12. Predio denominado El Cuadro, dun dous ferrados de extensión, situado en Taragoña. Taxado para os efectos da poxa en 1.260.000 pesetas.

13. Predio denominado Monte da Dorna-Gándaras de Mar, situado no lugar de Burato, extensión 29 áreas e 30 centiáreas, ou sexa, 83 concas, 70 centésimas. Linda, norte: Cirilo Tubío Tubío, sur: Manuela Otero Otero; leste: camiño ou pista e, oeste, o seguinte predio. Taxada para os efectos da poxa en 2.197.500 pesetas.

14. Predio denominado Monte da Dorna no lugar de Burato. Extensión 6 áreas e 2 centiáreas, ou sexa, 17 concas e 90 centésimas. Linda, norte: outra da herdanza, sur: Manuela Otero Otero, leste: outra da mesma herdanza e, oeste, muro. Taxada para os efectos da poxa en 451.000 pesetas.

15. Predio denominado Carballo situado no lugar de Brañas. Extensión 6 áreas e 91 centiáreas, ou sexa, 19 concas e 90 centésimas. Linda, norte: Alfonso Suárez Burés; sur: Vicente Ces Fungueiriño; leste: regato e, oeste, camiño de carro. Taxado para os efectos da poxa en 1.036.500 pesetas.

16. Predio denominado Rinlo, situado no lugar de Burato. Extensión 1 área e corenta e nove centiáreas. Linda, norte e leste: José Ces Otero, sur: Manuel Otero Iglesias, muro no medio e, oeste: camiño. Taxado para os efectos da poxa en 223.500 pesetas.

17. Predio denominado Agro do Outeiro, situado no lugar de Dorna. Extensión de catro áreas e seis centiáreas, ou sexa, once concas e sesenta centésimas. Linda, norte: regato, sur: Luis Hermo Tubío, leste: Cirilo Tubío Tubío e, oeste: Carmen García Tubío. Taxado para os efectos da poxa en 609.000 pesetas.

18. Predio denominado Carreteria, situado no lugar de Burato. Extensión de 35 centiáreas, igual a 1 conca. Linda, norte: Manuela Lorenzo Suárez, sur: a mesma; leste: Ramón Esperante, María Fernández Costas e Luisa Ces Laíño, muro no medio e, oeste, Manuela Lorenzo Suárez. Taxada para os efectos da poxa en 52.500 pesetas.

19. Predio denominado Corredaugas, situado no lugar de Pastoriza. Extensión de 8 áreas e 5 centiáreas, igual a 23 concas. Linda, norte: Rosa Chisca Ces; sur: Lourdes Tubío Tubío, leste: monte veciñal, muro no medio e oeste, camiño de carro. Taxado para os efectos da poxa en 1.207.500 pesetas.

20. Predio denominado Fonte da Espiñeira, situado no lugar de Paradela, extensión de 4 áreas e 66 centiáreas. Linda, norte: María Otero Otero; sur: Manuel Esperante Durán; leste: monte veciñal, muro no medio e, oeste, descoñécese. Taxado para os efectos da poxa en 699.000 pesetas.

21. Predio denominado Monte da Dorna, situado no lguar de Burato, extensión de 2 áreas e 68 centiáreas, igual a 7 concas e 65 centésimas. Linda, norte: descoñécese, sur: herdeiros de Juan Vicente Carril Villanustre; leste: predio privativo do causante e oeste: Cirilo Tubío Tubío. Taxado para os efectos da poxa en 156.000 pesetas.

22. Predio denominado Ourille, situado no lugar do seu nome. Extensión de 8 áreas e 90 centiáreas, ou sexa, 25 concas e dous tercios. Linda, norte: descoñécese, muro no medio; sur: o mesmo; leste: Cirilo Tubío e oeste: Joaquín Suárez Lorenzo. Taxado para os efectos da poxa en 1.347.000 pesetas.

23. Predino denominado Candeira (A de Portela), situado no lugar de Iñobre. Extensión unha área e corenta e nove centiáreas. Linda, norte: María Ces Fungueiriño e outros; sur: Alfonso Suárez Burés; leste: María Ces Fungueiriño e oeste, herdeiros de José Beiro, muro no medio. Taxado para efectos da poxa en 223.500 pesetas.

24. Predio denominado Barreiros, situado no lugar de Ourola. Extensión 2 áreas e 38 centiáreas. Linda, norte: Manuel Places Muñiz; sur: herdeiros de Teresa Iglesias Ces; leste: Carmen Ces Lorenzo; oeste: camiño de carro. Taxado para os efectos da poxa en 357.000 pesetas.

25. Predio denominado Fonte da Cruz, con parte de canaval, situado no lugar de Cruz. Extensión de 1 área e 45 centiáreas. Linda, norte: herdeiros de Vicente Caamaño Otero; sur: Manuel Castro Iglesias; leste: herdeiros de Santiago Saborido Laíño; e oeste: herdeiros de Ambrosio Caamaño Filgueira. Taxado para os efectos da poxa en 217.500 pesetas.

26. Predio denominado Rapadoiro, situado no lugar de Moroso. Extensión 4 áreas e 6 centiáreas. Linda, norte: Manuela Creo Cespón sur: camiño muro en medio, leste: herdeiros de Manuel Pérez Cespon e oeste: María Tubío. Taxado para os efectos da poxa en 609.000 pesetas.

27. Predio denominado Os Sistos, situado no lugar de Burato. Extensión 3 áreas e 79 centiáreas, ou sexa, dez concas e oitenta centésimas. Linda, norte: herdeiros de Juana Laíño; sur: canle, leste: Salvadlor Hermo Tubío e oeste: Jose Lorenzo Suárez. Taxado para os efectos da poxa en 568.500 pesetas.

28. Predio denominado Monte da Dorna (ou cuadro), situado no lugar de Buranto. Extensión de 2 áreas e 38 centiáreas. Linda, norte: herdeiros de José Laíño Otero; sur: outra da mesma herdanza, leste: camiño de carro e, oeste: muro. Taxado para os efectos da poxa en 178.500 pesetas.

29. Predio denominado Asento de Fóra, situado no lugar de Burato, dedicado a froiteiras, viña e labradío, con hórreo ou celeiro de dous claros de pedra. Extensión de 14 áreas e 27 centiáreas. Linda, norte: camiño de carro; sur: Antonio Paz Piñeiro, leste: Dorinda Tubío Tubío e oeste: camiño de carro; este predio está pechado sobre si mesmo cun muro de pedra. Taxado para os efectos de poxa en 3.602.000 pesetas.

30. Predio denominado Prado de Vista Real, situado no lugar de Iñobre. Extensión 1 área e 9 centiáreas. Linda, norte: no máis alto, José Ces Otero; sur: herdeiros de José Tubío Ces; leste: Dolores España Fuentes e oeste: Socorro Tubío Tubío. Taxado para os efectos da poxa en 223.500 pesetas.

31. Predio denominado Areeiro (Su Ribeira), situado no lugar de Burato. Extensión 51 áreas. Linda, norte: Dolores Collazo Ces, sur: Concepción Lorenzo Romero; leste: Joaquín Ces Figueira e oeste: Celia Suárez

Rodríguez. Taxado para os efectos da poxa en 76.500 pesetas.

32. Predio denominado Cacharela, situado no lugar de Ardemil. Extensión 1 área de 60 centiáreas. Linda, norte: María Fernández Costas; sur: José Fernández Vázquez; leste: herdeiros de Valentín Iglesias Ces e oeste: Carmen Alvela López. Taxado para os efectos da poxa en 241.500 pesetas.

33. Predio denominado Cova dos Porcos, situado no lugar de Paradela. Extensión 2 áreas e 57 centiáreas. Linda: norte, herdeiros de Vicente González Laíño; sur: herdeiros de María José Otero Otero; leste: os mesmos e oeste, José Lesende Otero. Taxado para os efectos da poxa en 385.500 pesetas.

34. Predio denominado Monte da Dorna, situado en Burato. Extensión 3 áreas e 3 centiáreas. Linda, norte: Vicente Ces Otero; sur: ribeira do mar; leste: herdeiros de Rafael Tubío Caes e oeste: Dolores Esperante Otero. Taxado para os efectos da poxa en 227.250 pesetas.

35. Predio denominado Monte da Dorna (A Canteira), situado en Burato. Extensión 2 áreas e 68 centiáreas. Linda, norte: descoñécese; sur: herdeiros de Juan Vicente Carril; leste: muro e oeste: outra da mesma herdanza. Taxado para os efectos da poxa en 201.000 pesetas.

36. Predio denominado Monte da Dorna (A Telleira), situado en Burato. Extensión de 53 centiáreas. Linda, norte: camiño, sur: Vicente Sobradelo Tubío, leste: camiño e oeste: Pilar Fernández. Taxado para os efectos da poxa en 39.750 pesetas.

37. Predio denominado Cuchumelo, situado no lugar de Cuchumelo. Mide 14 áreas e 70 centiáreas. Linda, norte: monte veciñal, sur: descoñécese, leste: Manuel Tubío e oeste: Cirilo Tubío Tubío. Taxado para os efectos da poxa en 2.205.000 pesetas.

E para que conste e sirva de notificación ó público en xeral e ós demandandos-executados en particular, expídese o presente edicto para a súa publicación nos correspondentes diarios oficiais, en Padrón, o vinteseis de xuño de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

6765