Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 02 de setembro de 1998 Páx. 9.945

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 1998 pola que se fai pública a declaración de desertos de varios concursos abertos convocados polo Instituto Galego da Vivenda e Solo en materia de contratación administrativa.

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolucións do director xeral do IGVS do 4 de agosto de 1998, adoptadas en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS do 6 de abril de 1995, foron declarados desertos os seguintes concursos:

1. Concurso aberto convocado para a contratación do proxecto de execución e obra de construcción de 18 vivendas, garaxes e rochos en Outeiro, Cambados. Pontevedra. Expediente: PO-98/010.

2. Concurso aberto convocado para a contratación do proxecto de execución e obra de construcción de 24 vivendas, garaxes e rochos en Cee. A Coruña. Expediente: C-98/030.

3. Concurso aberto convocado para a contratación dun seguro todo risco de construcción e responsabilidade civil e seguro decenal para as obras promovidas polo IGVS.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 1998.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

8059