Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 02 de setembro de 1998 Páx. 9.944

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 1998 pola que se anuncia o concurso, polo procedemento aberto, trámite de urxencia, para a contratación do servicio de elaboración dunha guía informatizada de trámites destinada a facilita-la creación de empresas.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia: Dirección Xeral de Fomento do Emprego.

c) Número de expediente: 34/98.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: elaboración dunha guía informatizada de trámites destinada a facilita- la creación de empresas.

b) Prazo máximo de execución: 3 meses desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 6.500.000 pesetas (IVE incluído).

5. Garantías:

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación:

a) Entidade: Dirección Xeral de Fomento do Emprego.

b) Enderezo: San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 56 04.

e) Fax: 981 54 46 78.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións, tódolos días laborables, excepto sábado, de 9 a 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de proposicións:

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de estaren inscritos no Rexistro de Contratistas, xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción de Emprego, Muller e Xuventude.

-Domicilio: San Caetano, s/n.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax 981 54 46 78, ou telegrama, no mesmo día, de confomidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e)Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de proposicións:

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. De coincidir este en sábado pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 9.30 horas.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de agosto do 1998.

P.D. (Orde 16-12-1997)

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

7785