Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 02 de setembro de 1998 Páx. 9.937

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 165/1995).

Declarada de urxente ocupación polo Decreto 191/1998, do 5 de xuño, (Diario Oficial de Galicia do 29 de xuño), a prol da entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na Avda. de Arteixo, 171, a execución da instalación eléctrica que máis abaixo se describe, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso.

En cumprimento dos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 de seu regulamento, do 26 de abril de 1957, faise saber ós interesados propostos como titulares dos predios que se conteñen nas relacións anexas que o representante e o perito da Administración se constituirán o día 15 de outubro de 1998 nos predios para a toma de datos e levantar a continuación nas oficinas da Casa co Concello das Pontes de García Rodríguez as actas previas á ocupación, nas que

se describirán os bens e os dereitos afectados por expropiación ou servidumes, a partir das horas que seguen:

Expediente 165/1995.

Liña eléctrica a 15/20 kV desde a liña Ribeira-Freixo, centro de transformación e rede de baixa tensión no lugar de Covelos, no termo municipal das Pontes de García Rodríguez.

A partir das 11.30 horas predios números 3, 7, 10 e 20.

Advírtese ós interesados, ós que se lles practicará notificación para o efecto, que deben concorrer ó acto por si ou persoas que os representen e, se así o consideran oportuno, cos seus peritos e un notario pola súa conta, podendo facer manifestacións nel e aportar datos que sexan útiles, e formular alegacións por escrito ata o citado levantamento, unicamente para emendar posibles erros das relacións.

A Coruña, 11 de agosto de 1998.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 165/95. Provincia: A Coruña.

L.M.T. a C.T. Covelos.Termo municipal: As Pontes.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

3O CaliñoMonte altoVíctor Gregorio CabarcosPontoibo s/n, 15320 As Pontes12661056

7AvieiroPradoRemedio Ramos ChauAvda. de Ferrol 37, 15320 As Pontes2140400

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

10O ViouteiroLaborHrdos. de Marina López Casasr/San Andrés 148-3º,

15003 A Coruña

3234340

20O CocidoPastoHrdos. de Marina López Casasr/San Andrés 148-3º,

15003 A Coruña

70700

7900