Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 02 de setembro de 1998 Páx. 9.932

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se aproba definitivamente o proxecto de expropiación forzosa de terreo para equipamento comunitario en Dexo-Oleiros (A Coruña).

Examinado o expediente 115A-98/4 relativo ó proxecto de expropiación forzosa dun terreo para equipamento comunitario en Dexo, promovido polo Concello de Oleiros para os efectos que determina o artigo 145.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (DOG nº 59, do 26 de marzo de 1997) e visto o informe proposta da Subdirección Xeral de Urbanismo e Arquitectura, do 13 de xullo de 1998, e a Orde do 19 de agosto de 1997, pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo nos delegados provinciais (DOG nº 166 do 29 de agosto de 1997).

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa dun terreo para equipamento comunitario en Dexo, promovido polo Concello de Oleiros, polo procedemento de taxación conxunta previsto nos artigos 145 e seguintes da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (DOG nº 59, do 26 de marzo de 1997), facendo constar que a presente resolución implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación de conformidade co establecido no artigo 146 punto 1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do xusto prezo (artigo 146 punto 2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo).

Segundo.-Notificárlle-la resolución aprobatoria do expediente a tódolos interesados titulares dos bens e dereitos que figuran nel, conferíndolles un termo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante esta delegación provincial a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145 punto 7º da Lei 1/1997 do 24 de marzo, advertíndolles que transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio

do expediente, entendéndose determinado o xusto prezo definitivamente e de conformidade (artigo 145 punto 8 da Lei 1/1997 do 24 de marzo).

Terceiro.-Publica-lo presente acordo no DOG así como o seguinte ben e dereito afectado polo proxecto de expropiación:

Parcela número: 1.

Propietario: arcebispado de Santiago.

Superficie: 4.415,34 m.

Valoración: 18.080.817 pesetas.

Así mesmo, a publicación desta resolución servirá de notificación ós propietarios descoñecidos, a aqueles dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben cando, tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27-11-1992).

Contra a citada resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da data de notificación desta resolución, debéndose comunicar previamente a esta delegación provincial a devandita interposición conforme se dispón no artigo 110 punto 3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 14 de xullo de 1998.

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña

7858