Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 01 de setembro de 1998 Páx. 9.916

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DE OURENSE, S.A.

CONVOCATORIA pública para a selección dun auxiliar administrativo.

As solicitudes e currículum valoraranse de conformidade coas bases aprobadas para tal efecto polo Consello de Administración de Xestión Urbanística de Ourense, S.A., que están á disposición dos interesados, nas dependencias de Xestión Urbanística de Ourense, S.A., nas súas oficinas sitas na planta 8ª do edificio nº 1 da rúa Curros Enríquez de Ourense.

As solicitudes deberanse presentar en man, no rexistro xeral de Xestión Urbanística de Ourense, S.A., antes das 14 h do trixésimo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. As solicitudes tamén serán admitidas por correo dentro do prazo sinalado.

Ourense, 21 de agosto de 1998.

Juan Carlos Cabanelas Rodríguez

Xerente de Xestión Urbanística de Ourense, S.A.